Traballo de Fin de Grao (T.F.G.) do Grao en Comercio

O estudantado realizará o Traballo de Fin de Grao (T.F.G.) de forma individual e autónoma. O traballo será orixinal e de carácter integrador, no que se demostre a adquisición de competencias e habilidades propias da titulación.

Para poder cursar o T.F.G. o estudantado terá que estar matriculado de todas as materias requiridas para poder finalizar o plan de estudos, tendo en conta a limitación de matrícula existente na Universidade de Vigo, que é de 72 créditos E.C.T.S..

O Traballo de Fin de Grao (T.F.G.) é unha materia para todos os efectos, polo que a matrícula se equiparará a calquera outra e dará dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico.

O centro publicará un calendario no que consten as datas de todos e cada un dos prazos existentes no proceso de elaboración do T.F.G..

O profesorado do centro elaborará unha proposta de temas ou bloques temáticos para o T.F.G.. Así mesmo, un alumno/a poderá propoñer un tema concreto, que deberá ter o visto e prace dun profesor/a que exercerá de titor/a.

O T.F.G. só se poderá presentar e defender ante un tribunal, unipersoal ou colexiado, cando o/a profesor/a titor/a o considere oportuno e se teñan superado todos os créditos necesarios para obter a titulación.

Normativa do Traballo de Fin de Grao (T.F.G.)

 

Calendario do Traballo de Fin de Grao (T.F.G.)


Formularios e Documentos Relativos ao Traballo de Fin de Grao (T.F.G.)

Os formularios e documentos relativos ao TFG poranse a disposición do alumnado vía a plataforma MOOVI na propia materia.