Facultade de Comercio

Search
Close this search box.

Mobilidade Académica

A Facultade de Comercio ten unha dilatada traxectoria na realización de intercambios e na formalización de convenios de recoñecemento de estudos con universidades extranxeiras e españolas. A énfase no aprendizaxe de idiomas, sinal de identidade do centro, e a concepción do intercambio como elemento esencial da formación académica, práctica e actitudinal do alumnado, leváronnos a potenciar esta actividade.

A nosa vinculación co programa Erasmus remóntase a 1989-1990, coa acollida ao primeiro estudante procedente de Alemaña, e ata o curso 1993-1994 asináronse convenios con 3 Programas Interuniversitarios de Cooperación que xuntaban 16 institucións de Educación Superior de Francia, Reino Unido, Alemaña, Grecia, Finlandia, Irlanda, Portugal, Países Baixos e España no ámbito dos estudos empresariais. Durante os primeiros anos de existencia da Universidade de Vigo, este centro xestionaba a mobilidade de todos os estudantes propios do Campus de Vigo no ámbito empresarial e económico, por ser entón o único en participar en programas de intercambio internacional.

No ano 1995 créase unha Subdirección de Relacións Internacionais e en 1999-2000, apróbase en Xunta de Centro o recoñecemento integral dos estudos realizados polo alumnado propio no marco de Erasmus a través da valoración de créditos ECTS e a firma dos contratos académicos (Learning Agreement).

En 2000 asínase un convenio con Hochschule Bochum (Alemaña), pioneiro no sistema universitario español e aínda vixente, que permite a obtención do título oficial do centro asociado. Desde entón asináronse outros convenios similares con Países Baixos (2001-2004) e Francia: Université de Pau et des Pays de l’Adour, renovado en 2020.

Programas de intercambio e recoñecemento académico

O noso alumnado pode optar a todos los programas de mobilidade da Universidade de Vigo.

A participación do alumnado da facultade en programas de intercambio académico implica o recoñecemento en bloque das materias/créditos ECTS superados en destino. Para isto, pode consultarse a Normativa académica de intercambio da Facultade de Comercio, así como o Regulamento de mobilidade internacional da Universidade de Vigo.

Dobres titulacións internacionais

Destinos Erasmus

Outros destinos internacionais

Para a movilidade con outros países non europeos, a través da Oficina de Relacions Internacionais (O.R.I.) da Universidade de Vigo, se promove e tramita a firma de convenios marco e específicos con universidades doutros países, como instrumento para facilitala movilidade tanto de estudantes como de docentes.

No caso de Estados Unidos, a O.R.I. participa activamente no programa ISEP de intercambio de estudantes. Se nos referimos ás relacións e mobilidade con terceiros países, foméntase a participación nas convocatorias de bolsas propias e outros programas específicos.

A Facultade de Comercio ten participado, entre outros, en intercambios con centros de Arxentina, Brasil, Colombia, México, Cuba, Corea do Sur ou Taiwan tanto de estudantado e profesorado propios como extranxeiros.